Anxo Arca acusa á Consellería de Sanidade de «discriminar» a Padrón e de querer que os veciños «pagen dúas veces» por un servizo público competencia autonómica

Concello de Padrón anunciou hoxe que someterá a pleno a proposta de traspaso da titularidade do centro de saúde á Xunta de Galicia, co obxectivo de que a Consellería de Sanidade asuma a totalidade dos custos de reforma, valorados en 1.185.000 euros. A decisión chega como resposta á carta do conselleiro Antonio Gómez Caamaño, na que a Xunta alegaba a titularidade municipal para limitar a súa financiación a 258.000 €, mentres o Concello carga actualmente co 75% dos gastos de mantemento (77.000 € anuais) dunha competencia que non lle corresponde.

O alcalde, Anxo Arca, denunciou a «inxustiza flagrante» de que a administración local, sen competencias en sanidade, teña que asumir os gastos de persoal auxiliar, limpeza ou enerxía, cando a Xunta só contribúe con 35.000 € anuais. Ademais, criticou a «irresponsabilidade histórica» dos anteriores gobernos do PP, que deixaron un legado de «falta de mantemento» e unha infraestrutura deteriorada que «prexudica a atención sanitaria» dos veciños.

Claves do conflito:

O Goberno municipal avanzará co trámite de cesión da titularidade, pressionando para que a Xunta asuma as obras «o máis axiña posible» e garantindo que os padroneses teñan, «dunha vez por todas«, un centro de saúde en condicións dignas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *