Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, pon en marcha unha nova edición de “Fala que Fala”, o espazo que busca fomentar o uso do galego entre a mocidade a través da comunicación e a radio. Nesta ocasión, oito centros educativos de diferentes puntos de Galicia foron seleccionados entre o medio cento que se inscribiron na fase previa, para participar neste proxecto que combina formación, creatividade e difusión do idioma.
Os centros participantes son:
-
CPR Plurilingüe San José de Cluny (Santiago, A Coruña)
-
IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos, Lugo)
-
IES Luis Seoane (Pontevedra)
-
CPI Doctor López Suárez (Friol, Lugo)
-
IES de Cacheiras (Teo, A Coruña)
-
IES O Ribeiro (Ribadavia, Ourense)
-
IES Castelao (Vigo, Pontevedra)
-
CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea, Ourense)
Durante as próximas semanas, alumnado destes centros elaborará contidos radiofónicos en galego que serán emitidos en Radio Líder e difundidos a través das súas plataformas dixitais e das redes sociais. A iniciativa pretende dar voz aos máis novos, poñendo en valor o idioma galego como ferramenta de expresión e comunicación contemporánea.
Con este proxecto, Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua reforzan o seu compromiso coa promoción da lingua galega entre a mocidade, apostando pola creatividade, o traballo en equipo e a comunicación como eixes fundamentais.